Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Vimianzo promove as tradicións galegas a nivel europeo


Mañá, 2 de xullo ás 17:00 horas, terá lugar o seminario en liña ‘O proxecto da Rede Europea de Cidades’.
O Concello de Vimianzo promove as tradicións galegas a nivel europeo. Mañá, día 2 de xullo ás 17:00 horas, terá lugar o seminario en liña ‘O proxecto da Rede Europea de Cidades’ como parte do proxecto #EuSAVE ‘EU Citiziens’ Action for Smart Historic Villages’, dirixido pola administración vimiancesa e financiado polo programa ‘Europa cos cidadáns’.
Durante este seminario, debaterase sobre as estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial dos seus respectivos teritorios, como recurso para o crecemento rural intelixente, sustentable e integrador da Unión Europea.
O obxectivo é crear unha rede europea de vilas históricas intelixentes que mellore a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas aldeas, definindo estratexias de desenvolvemento local e promovendo accións de compromiso social que contribúan á súa revitalización. No proxecto participan municipios e institucións de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Italia, Letonia, Portugal e Macedonia do Norte.
A través do proxecto, desenvolveuse unha guía e un mapa de boas prácticas sobre as iniciativas de éxito identificadas a nivel europeo, que xurdiron como sinerxias entre a innovación social e o patrimonio cultural. A Guía ten como obxectivo transferir o coñecemento destas comunidades rurais á rede europea de vilas históricas intelixentes, apoiar o intercambio de boas prácticas e promover o coñecemento, a sensibilización e a identificación das comunidades rurais eurppeas, coa súa historia e cultura. O Concello de Vimianzo promove as tradicións galegas mediante a Mostra de Artesanía en Vivo, a Festa do Asalto ao Castelo, o Camiño dos Faros, os Pinchos Irmandiños, a Traslatio e os camiños de Santiaog na Costa
da Morte, e o Festival dos Eidos.